Visto o estudio de aprobados para a promoción ao Corpo de Xestión, e o que tamén pasou na promoción ao Corpo de Secretarios, a espera do que pase na de Tramitación, a CIG pensa que o Ministerio de Xustiza, acaba de rachar a promoción interna, convertindoa nunha "oposición" pura e dura, esto non é o espiritu dunha promoción interna. Dende CIG estamos a preparar un escrito de protesta para remitirllelo ao Ministerio de Xustiza a Madrid, e demandamos que tal e como no seu día xa propuxéramos, nas bases das convocatorias futuras se fixen os ratios de xente que ten que pasar en cada fase do concurso-oposición, non deixando este tema nas mans dos tribunais.
Comentarios
Publicar un comentario