Saltar ao contido principal

REUNIÓN CO NOVO MINISTRO DE XUSTIZA EN MADRID

A CIG reúnese co novo Ministro de Xustiza Sr. Fernández Bermejo

Pouco máis que cordial pode decirse da xuntanza mantida onte día 28-3-2007 na Mesa Sectorial con motivo da presentación como novo Ministro de Xustiza de D. Mariano Fernández Bermejo e o seu gabinete.
Nesa xuntanza expuxémoslle que, a pesar de quedar un ano para rematar a lexislatura, existen grandes temas que o anterior equipo deixou pendentes de resolver, tales como levar efectivamente adiante a reforma da oficina xudicial, da Lei Orgánica do Poder Xudicial e da Lei de Demarcación e Planta, o feito da carencia dun orzamento específico e suficientemente amplo para afrontar con garantías dita reforma, a necesaria implantación dos xulgados de proximidade e de potenciación do sistema arbitral e, como non, a dos xulgados de violencia de xénero exclusivos, onde se fixo fincapé na súa problemática actual.
O Sr. Ministro indicou que, efectivamente, algúns destes temas estaban xa catalogados como prioritarios para o seu departamento e que de aquí a que remate a lexislatura a súa intención era levar a bo término os mesmos, cun consenso o máis amplo posible con todos os axentes implicados.
Polo tanto, a xuntanza non foi máis que unha mera declaración de intencións, característica da presentación dun novo gabinete ministerial e, de agora en diante, veremos como esas boas intencións se plasman en acordos e en solucións para os traballadores da Admón. de Xustiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.