Saltar ao contido principal

OPOSICION PROMOCION INTERNA

A CIG. ante o cúmulo de irregulariadades que se produciron nos exames de promoción interna, tanto no de Tramitación como no de Xestión, viuse na necesidade de impugnalos e pedir a anulación do caso práctico de Xestión.

Tamén pensamos, e así o solicitamos, que de acordar o Tribunal a repetición dos mesmos os gastos de desprazamento dos opositores deberán correr de conta da entidade convocate, o Ministerio de Xustiza.


As irregulariadades detectadas e denunciadas pola CIG, son entre outras:


CORPO DE TRAMITACION


  • FILTRACION DE PARTE DO EXAMEN.

O noso Sindicato dous días antes da celebracióndo segundo exercicio tivo coñecemento da filtración, alomenos na Coruña, do contido das normas previas para o desenvolvemento do exercicio, filtacións que acabaron en poder de numerosos opositores. Ante tales feitos vímonos obrigados a poñer esta circunstancia en coñecemento do Sr. Presidente da Unidade Colaboradora de A Coruña a medio de escrito datado o día 12/4/07, no que figuraban os parámetros, en relación co procesamento de textos que se ía esixir aos aspirantes, así como que a resolución a transcribir sería un AUTO. No escrito xa solicitábamos que se tomasen as medidas necesarias e se depurasen as responsabilidades oportunas.


O día do exame confirmáronse as nosas sospeitas e o exame foi un auto de procesamento e os parámetros foron os expostos no nose escrito de denuncia, polo que queda demostrada sobradamente a filtación.



  • INCUMPRIMETO DO CHAMAMENTO ÚNICO.

En Madrid e Barcelona efectuáronse dous chamamentos, os aspirantes convocados para o segundo fixeron o exame as 15 horas, estando convocados para as 12 e mentras esperaban tiveron a oportunidade de ter os móbiles encendidos e comunicarse cos opositores que xa realizaron o exame, co que isto supón.


Esta denuncia xa fixera o CIG antes remitindo un escrito ao Tribunal Central de Madrid, podese ver deste mesmo blog.



  • CRITERIOS DESIGUALES NAS DISTINTAS SEDES DE EXAMES.

Dependendo das sedes concedénronse tempos diferentes que debian dar os opositores/as para formatear o texto, en algúns casos cinguíronse as instruccións e concederon 5 minutos, noutros 10 e noutros descontaron 5 minutos dos 15 que lle daban para a realización do exame, deixando unicamente 10 para a transcrición do texto, esta cuestión influirá sen dúbida no resultado final da oposición.



  • ACTIVACION AUTOMATICA DA FUNCION DE CORRECCION ORTOGRAFICA.

En moitos dos ordenadores estaba activada a función de corrección ortográfica, cando se trataba de transcribir un texto no que a comisión de faltas penalizaba.


Estas foron algunhas das moitas detectadas.


NO CORPO DE XESTION


O caso practico versaba na súa totalidade sobre un suposto relativo a cuestións procesais nos denominados xuízos rápidos, e como queira que en ningún dos temas do programa aparecía esta clase de xuízo, sí que aparecía no temario de libres. Pensamos que ésta é unha cuestión o suficientemente grave para a impugnación (o Tribunal non se pode inventar un tema que non figure na convocatoria).


Estas cuestións lévannos cada vez mais ao convencimento do acertada da nosa proposta, que fixéramos no seu día cando se estaba a negociar o que posteriormente seria a actual Lei do Poder Xudicial, a nosa proposta era "QUE OS SINDICATOS DEBERIAMOS DE SER MEMBROS DO TRIBUNAL CON VOZ PERO SEN VOTO", unicamente estar presentes co fin de fiscalizar o seu labor pero sen participar como un membro máis e así poder denunciar estas irregularidades que tanto perxudican aos traballadoras e traballadores, e crean unha grande inseguridade e desánimo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr