Saltar ao contido principal

ACCION SOCIAL 2007


A semana pasada reuniuse a mesa de acción social.

A Administración informou que o orzamento para este ano será de 211.674,68 € o que supón un incremento do 2% con respecto do ano pasado, o que segue sen superar o 0,5% da masa salarial.
A CIG volveu manifestar un ano máis o seu total desacordo con ese orzamento, e pediu que constara en acta o incumprimento por parte da Consellería das súas propias propostas, toda vez que o anterior Director Xeral, Sr. Iglesias, comprometérase na mesa de Acción Social do ano anterior a achegar a cantidade ao 1% da masa salarial , o que suporía duplicar o actual orzamento.
En relación cos programas para este ano, a única variación é o desdobramento do anterior Programa III, en dous, un para Axuda a minusvalideces, e outro para “Outras axudas por celiaquía, intolerancia á lactosa e cron”.
As solicitudes poderanse presentar dende o día 1 de xuño ata o 31 de Xullo, e faranse obrigatoriamente polo portal do empregado público e ó mesmo tempo dirixirán esa instancia (co número dado no portal) ao Servizo de Recursos Humanos da Administración de Xustiza cos documentos que se esixen en cada unha das axudas..
Os solicitantes destinados nos Xulgados de Paz e os interinos que non se atopen traballando deberan presentar instancia orixinal (copia do DOG)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.