Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL NO MINISTERIO DO 10 DE MAIO

Na Mesa Sectorial do Ministerio tratáronse os seguintes temas:

Concurso de traslados.- Ao final o concurso de traslados será publicado o día 17/5/2007 e non o 15/5/2007 como estaba previsto nun principio, debido a que algunha comunidade autónoma retrasou o envío das vacantes do seu territorio.

Transferencias.- Con efectos do 1/1/2008 serán transferidos os medios persoais e materiais as CC.AA. de Cantabria e Aragón. Cada vez quedan menos CC.AA. Sen transferir o que nos ven a dar a razón de que o proceso de transferencias é irreversible e que o Ministerio de Xustiza proseguirá nes camiño.

Reformas procesuais.- Seguen pendentes no parlamento as necesarias reformas das leis procesuais e da LOPX para poder acometer a reforma da oficina xudicial. O Ministerio agarda que despois das eleccións autonómicas e municipais se poida alcanzar un consenso neses temas ao diminuir o clima de confrontación política actual.

Médicos Forenses.- Está a piques de aprobarse en Consello de Ministros (1 mes) o Real Decreto que permitirá o pago dos atrasos aos Médicos Forenses.

Comarcalización Violencia de Xénero.- O Ministerio segue a insistir na súa proposta de comarcalización dos xulgados de Violencia de Xénero como única solución ao colapso que actualmente rexistran determinados xulgados que teñen que compatibilizar ditas funcións xurisdiccionais con outras, ainda que a dia de hoxe continua sen alcanzar o consenso preciso no Parlamento Español, polo que o Ministerio non sabe cando o pederá introducir. Neste senso o Ministerio, no seu territorio, abriu a negociación dunha mellora retributiva para aqueles funcionarios destinados neste tipo de órganos xudiciais. Paralelamente a CIG solicitará que na mesa de Galicia (15/5/2007) se faga o propio, a fin de mellorar as condicións retributivas e laborais dos compañeiros/as destinados nos Xulgados de Violencia de Xénero.

Estatuto da Función Pública.- Está pendente un informe da Avogacía do Estado sobre a aplicación das condicións establecidas no Estatuto da Función Pública respecto aos funcionarios/as da Administración de Xustiza no relativo a permisos e trienios do persoal interino, neste ultimo caso e de non ser de aplicación directa intaríase as precisas modificacións na Lei do Poder Xudicial para introducilo sempre con efectos retroactivos do día 13 de maio do 2007. O Ministerio remitirá unha instrucción de permisos e licenzas que aclare a situación actual de desconcerto e inseguridade creadas polas recentes reformas lexislativas (Plan Concilia, Estatuto da Función Pública, etc.). Na nosa comunidade tentaremos de que saia a mesma adiante pois a que estaba negociada desde hai dous anos a administración non foi quen de publicala, co que actualmente estaría desfasada.

Novo programa informático.- O Ministerio ten deseñado xa un novo programa informático de xestión para o seu emprego na nova oficina xudicial. Dito programa, ao parecer, poderá funcionar indistintamente tanto onde se empece a implantar a nova oficina xudicial como onde non se faga de momento. Terán que darse cursos de reciclaxe para aprender o funcionamento do mesmo.

Calendario de negociacións co Ministerio.- Despois de moito insistir as centrais sindicais por fin imos concretar un calendario de negociacións de temas importantes que quedaron pendentes co anterior gabinete ministerial tales como:
– Modificación do R.D. 1909 para substitucións.
– Eliminación dos grupos poboacionais
– Pago dun punto máis nas AA.PP, Xulgados Sociais, Contenciosos, Etc.
– Renegociación das bases de oposición (A CIG ten prantexados sendos recursos de alzada contra as oposicións de Xestión e Tramitación e fíxolle chegar ao Director Xeral as irregularidades detectadas nos procesos a fin de que se corrixan).
– Renegociación das gardas.
– Validación de criminoloxía como diplomatura.
– Clases pasivas oficiais 1985.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr