No DOG do día 29 de maio publícase a convocatoria de ACCION SOCIAL do ano 2007 do persoal ao servizo da Administración de Xustiza con destino en Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será o abranguido entre o día 1 de xuño e 31 de xullo, ambos os dous incluídos. As solicitudes deberán cubrirse obrigatoriamente polo portal do empregado público e ao mesmo tempo dirixir esa instancia (co número dado no portal) ao Serizo de Recursos Humanos da Administración de Xustiza da dirección Xeral de Xustiza. Os solicitantes destinados nos Xulgados de Paz e os Interinos que non se encontren traballando deberan presentar instancia orixinal (publicada no DOG), todos deberan adxuntar a correspondente documetación.
para ver a convocatoria premer aqui: http://www.xunta.es/dog/Dog2007.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/953127a87c441b75c12572e90051d82f/$FILE/10200D001P008.PDF
Comentarios
Publicar un comentario