Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL SOBRE CONTROL HORARIO

MESA SECTORIAL DO DÍA 4 DE OUTUBRO DE 2007 SOBRE MEDIOS DE CONTROL HORARIO NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA


Despois das alegacións feitas por todas as centrais sindicais nas que se incidía no principio de igualdade, é dicir, que todos os traballadores, incluidos os secretarios, tiveran medios de control mecánico do horario, a Administración, que aínda non ten acadado ningún acordo co Ministerio de Xustiza ou a través do Secretario de Goberno para o control horario dos secretarios, fai a seguinte proposta:
  • Que en principio se manteña o calendario de entrega de tarxetas coa corrección dos erros correspondentes.
  • Que na súa vontade está que os secretarios tamén sexan controlados por medios mecánicos
  • Que o control horario comenzará o día 1 de novembro e será en período de proba ate o 31 de xaneiro, controlando só a parte fixa do horario (cinco horas e media).
  • Que nese período tratará de acadar un convenio de colaboración co Ministerio ou a través do Secretario de Goberno e, de conseguilo, e antes de rematar o período de proba, nos chamaría a unha nova mesa de negociación.

Tras unha rolda de intervencións das centrais sindicais, a CIG manifestou a súa postura incidindo nos seguintes puntos fundamentais:

  • Que o control do horario se aplique por igual a todo o persoal da Administración de Xustiza (Secretarios, Médicos Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilio)
  • Que se garanta a seguridade dos edificios e a apertura e peche das portas dos mesmos.


Finalmente a UGT fixo unha nova proposta, na que lle pedía á Administración que non se iniciasen conversas co Ministerio para que os secretarios fichasen, a cambio de que unicamente e “sine die” se nos controlase ao resto dos traballadores o horario fixo, pedindo que as centrais sindicais nos manifestasemos sobre ese punto.


A CIG manifestou, como xa fixera no seu escrito de alegacións, que estaba dacordo con que se controlase só o horario fixo, pero non a cambio da prebenda aceptada polas centrais sindicais UGT, CSI-CSIF e USO de que os secretarios queden sen fichar, vulnerándose así o principio de igualdade entre traballadores que nós defendemos e que representamos na mesa sectorial, e porque ademáis isto pode ocasionar que, nun futuro non moi lonxano, en calquera negociación que emprendamos, se nos bote en cara que só traballamos cinco horas e media, aínda que traballemos máis ou se nos obrigue a facer o horario íntegro só aos que xa temos o control mecánico establecido.


A conclusión final á que se chegou foi :

  • Que se manteñen as quendas de entrega de tarxetas nas datas previstas (salvo erros).
  • Que a xente que estea de permiso ou licencia o día da entrega se lle fará chegar a través da Delegación provincial coas instruccións pertinentes.
  • Que se comeza a fichar o día 1 de novembro en período de proba ate o 31 de xaneiro, controlando só o cumprimento da parte fixa do horario (5 horas e media). Neste período non se van computar as incidencias nin os excesos ou defectos de horas.
  • Manterase, no seu caso, o mesmo horario fixo no período do verán.
  • O persoal interino tera unha tarxeta cun número identificativo, no canto do seu nome e DI, que terá que devolver cando cese.Que a Administración, dados os posicionamentos sindicais, matizou que pensará se inicia ou non conversas co Ministerio para o control mecánico do horario dos secretarios

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.