Saltar ao contido principal

ACCION SOCIAL

O día 18 reuniuse en Santiago a Mesa de negociación de Acción Social para o ano 2007.
Nesta reunión aprobáronse as listas definitivas de admitidos e excluídos nos distintos programas (As temos a vosa disposición).
A resolución publicarase a semán próxima no DOG e abrirase o prazo para posibles recursos.
A administración fará chegar as listas ós Decanatos e poderanse consultar na intranet da consellería e tamén chamando os nosos delegados/as.
Os importes das axudas son:

PROGRAMA I: Fillos e estudios fillos.
(ompre distinguir se tamen o compañeiro/a e funcionario de xustiza ou non.)

  • 1 fillo (comp. non funci.) Forenses 34,21 Xestión 83,09 Tramitación 109,97, Auxilio 131,14.
  • 1 fillo (comp. funcio.) Xestión 124,63 Tramitacion 164,95, Auxilio 196,72
  • 2 fillos (comp. non funci) Forenses 51,32 Xestión 124,63 Tramitacion 164,95, Auxilio 196,72
  • 2 fillos (comp. funcio) Xestion 186,94 Tramitacion 247,42 Auxilio 295,08
  • 3 fillos (comp. non funci) Forenses 68,42 Xestión 166,17 Tramitacion 219,93 Auxilio 262,29
  • 3 fillos (comp func) Xestión 249,26 Tramitacion 329,90 Auxilio 393,43
  • 4 fillos (comp non func) Xestión 207,71 Tramitación 274,92

PROGRAMA II Estudios Funcionarios/as: Os importes das axudas suporán 100% das cantidades xustificadas (máx. 550 por matrícula e 160 por libros).

PROGRAMA III: Axuda minusválidos.

  • 33% ata 64 ................ 200€
  • 65% ata 74 .................. 400€
  • superior o 74%........... 800€

PROGRAMA IV: Outras Axudas: o importe da axuda será de 200€, e se os dous conxuxes son funcionarios, 300.

As axudas pagaranse no mes de Xaneiro polas Delegacions Provinciais

A CIG DESEXA A TODOS E TODAS AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS UN BO NADAL E UN FELIZ ANINOVO 2008

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr