Saltar ao contido principal

ALEGACIONS FORMULADAS POLA CIG A ORDEN DE PAGO DE TRIENIOS AOS INTERINOS




A CIG formulou as seguintes Alegacións a “Instruccións para o recoñecemento de trienios aos funcionarios interinos dos corpos ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, en aplicación da disposición final primeira da Lei orgánica 13/2007, de 19 de novembro de modificación da Lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial (BOE do 20/11/2007).” (o borrador de instrucción e o publicado arriba)


  • Respecto do apartado “6ª.- Os trienios recoñecidos ao persoal funcionario interino terán efectos retributivos do 1 de xuño de 2007, para aqueles que prestaran servizos entre o 13 de maio e 20 de novembro de 2007 e sempre que a súa solicitude sexa anterior ao 21 de xaneiro de 2008.”
    Consideramos que o requisito que se pide para poder cobrar a retroactividade en concreto que a solicitude sexa anterior ao 21 de xaneiro de 2008, non existe ningunha disposición legal que limite temporalmente dito dereito polo que habería que acudir a lei xeral Tributaria no artigo 25 que manifesta a imprescritibilidade aos 4 anos, que é o tempo que teñen os funcionarios interinos para facer valer os seos dereitos. Polo que solicitamos a supresión dese apartado.

  • Respecto do apartado “Cando as solicitudes de recoñecemento de trienios se presente a partir do 21 de xaneiro de 2008, o recoñecemento se producirá na data de presentación da solicitude, xerando efectos retributivos a partir do día primeiro do mes seguinte ao da súa presentación conforme ao establecido na normativa sobre retribucións dos funcionarios de carreira.”
    Reiteramos o dito anteriormente, polo que debería suprimirse todo este apartado, xa que o recoñecemento en canto a parte retributiva é dende o 13 de maio de 2007.

  • Ao punto “7ª.- As solicitudes recibidas con anterioridade á publicación desta instrucción na intranet e páxina web da Xunta de Galicia, e que non se axusten ao modelo de solicitude (anexo II) acompañado, non serán tidas en conta.”
    Queremos facer constar a este apartado: que vai contra o disposto no artigo 42.1 de LRJAE e PAC no que se dispón que a Administración esta obrigada a dictar resolución expresa en tódolos procedementos, polo que todas aquelas solicitudes formuladas con anterioridade a Lei orgánica 13/2007, do 19 de novembro, publicada no BOE n.º 278 de 20/11/2007, deberían ser denegadas por non ter dereito ao solicitado, e todas aquelas solicitudes dictadas con posterioridade debería ser tidas en conta e no caso de que non cumpran algún dos requisitos establecidos na mencionada lei habería que proceder conforme determina o artigo 71 da LRJAE e PAC e dicir conceder prazo ao solicitante para subsanación de defecto.

  • En canto a obrigatoriedade de ter que mandar un modelo de instancia, e tamén erróneo toda vez que os modelos fanse co fin de facilitar a tarefa do administrado e nunca se lle poder obrigar a presentar dito modelo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr