RECOÑECEMENTO DE TRIENIOS A INTERINOS
No día de hoxe a Dirección Xeral remitiunos a resolución que posiblemente se publique mañán día 15 na intranet e pola que se regula a petición do recoñecemento de trienios por parte do persoal interino.
O prazo para a reclamación remata o día 15 de febreiro e farase conforme ao modelo do Anexo II . Nela hai que relacionar os servizos prestados, pero só se precisará certificación no caso de que estes sexan anteriores ao ano 1997 ou fosen para unha Administración diferente.
As solicitudes recibidas antes da publicación desta resolución non serán tidas en conta.
Comentarios
Publicar un comentario