Saltar ao contido principal

REXISTRO CIVIL UNICO DE VIGO

A CIG, ante a proposta da Dirección Xeral de Xustiza, de cadro de persoal para o Rexistro Civil unico de Vigo no que se propón 5 de Xestión, 10 de Tramitación e 2 de Auxilio. Formulamos as seguintes alegacións:

Por medio do presente e,dando cumprimento ao traslado conferido por escrito de data 8/2/2008,en virtude do previsto no Art.5 do Real Decreto 2/2008,de 11 de xaneiro,polo que se acorda a transformación do Xulgado de 1 ª Instancia n º de Vigo en Rexistro Civil Exclusivo,é polo que prantexamos como novo cadro de persoal para dito órgano o seguinte:

XESTIÓN 6 , TRAMITACIÓN 11 e AUXILIO 2.

O motivo de solicitar unha ampliación do cadro de persoal por riba da establecida para o Rexistro Civil Exclusivo da Coruña (17 traballadores) ben motivado polo feito de que ata o seu completo arquivo,os expedientes en curso como xulgado civil deben seguir sendo tramitados por este órgano ata a súa execución.

Así mesmo,o traballo de rexistro civil é máis complicado que o existente na Coruña,pois ademáis de ter un volume poboacional maior e o partido xudicial correspondente (Nigrán,Baiona e Gondomar),o rexistro civil de Vigo configurouse no seu día pola fusión dos rexistros civis dos tres concellos que se uniron Bouzas,Lavadores e Vigo),polo que as buscas nos libros de rexistro son máis complicadas.

Por todo iso solicitamos o incremento de 1 xestor e 4 tramitadores a maiores do cadro de persoal existente na actualidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.