Saltar ao contido principal

CURSOS DE FORMACION CONTINUA PARA O ANO 2008

CURSOS DE FORMACIÓN CONTINUA ANO 2008

O pasado día 8 de febreiro celebrouse unha mesa de formación na que se intentou perfilar a convocatoria de cursos de formación para todo este ano. Solicitouse da Administración que a convocatoria sexa única e os cursos se realicen dun xeito máis organizado que nos pasados anos. Nesta ocasión, tal e como se viña solicitando por parte deste sindicato hai tempo, os cursos teñen unha maior duración e son eminentemente de teleformación, co fin de que os poidan realizar o maior número de xente.

Celebraranse ademáis dous cursos que figuran na taboa, con contido aínda por determinar, dirixidos aos médicos forenses.

De cara ao vindeiro plan de formación para o ano 2009, a CIG propuxo cursos cunha maior duración e calidade, orientados á formación interna, e que inclúan, ademáis de temas procesuais, temas de dereito substantivo.

FORMADORES

No DOG do día 28 de novembro de 2007 publicouse unha resolución da EGAP pola que se constitúe unha base de datos de formadores na que deberán estar inscritos todos aqueles que queiran impartir cursos de formación.

COORDINADORES

A CIG propuxo que se constitúa unha bolsa de coordinadores, para que quen o desexe poida inscribirse para facer labores de coordinación retribuidas e se abandone así o sistema de “a dedo” que existe actualmente.

En principio, os cursos serán os seguintes:

Curso sobre organización xudicial e estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración de Xustiza

30 horas

200 alumnos

Teleformación

Curso básico de xurisdición civil

35 horas

200 alumnos

Teleformación

Procesos civís e últimas reformas

40 horas

200 alumnos

Teleformación

Curso básico xurisdición civil: a execución

40 horas

200 alumnos

Teleformación

Procesos especiais

35 horas

200 alumnos

Teleformación

Xurisdición voluntaria

40 horas

200 alumnos

Teleformación

Curso de Dereito Civil de Galicia

40 horas

200 alumnos

Teleformación

Procesos penais nos xulgados de instrución

50 horas

200 alumnos

Teleformación

Procesos penais en fases posteriores á instrución

50 horas

200 alumnos

Teleformación

Servizo de garda nos Xulgados de Instrución

20 horas

75 alumnos

Teleformación

Teoría e práctica procesual na xurisdición social

40 horas

200 alumnos

Teleformación

Teoría e práctica procesual na xurisdición contencioso-administrativa

40 horas

200 alumnos

Teleformación

Rexistro civil

40 horas

200 alumnos

Teleformación

Curso de xestión da Administración de Xustiza

40 horas

180 alumnos

Teleformación

Habilidades de relación e atención ao público

12 horas

60 alumnos

Presencial

Correo electrónico corporativo, rede de xustiza, punto neutro xudicial e páxinas webs institucionales

12 horas

60 alumnos

Presencial

Curso básico de inglés

48 horas

A celebración deste curso non está confirmada, así como a súa modalidade

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr