Saltar ao contido principal

CURSOS DE FORMACION ANO 2008

MESA DE FORMACIÓN 26/02/08

Onte tivo lugar unha mesa de formación co obxecto de concretar a oferta de cursos de formación continua para o ano 2008. Nas vindeiras semanas se publicará a convocatoria tanto dos cursos da EGAP como os da Dirección Xeral, que serán os seguintes:

Cursos impartidos pola EGAP:

CURSO DE REXISTRO CIVIL

40 horas

200 persoas

1 de abril ao 20 de xuño

A EXECUCIÓN CIVIL

40 horas

150 persoas

7 de abril ao 27 de xuño

RELACIÓNS NO EQUIPO DE TRABALLO (presencial pola mañá)

12 horas

15 por edición

Abril ou maio (según localidades)

XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

40 horas

180

6 de maio ao 15 de setembro

HABILIDADES DE RELACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO (presencial pola mañá)

12 horas

15 por edición

Maio, xuño ou setembro (según localidades)

PROCESO PENAL NOS XULGADOS DE INSTRUCCIÓN

50 horas

150 persoas

3 de xuño ao 13 de novembro

PROCESOS PENAIS EN FASES POSTERIORES Á INSTRUCCIÓN

50 horas

150 persoas

10 de xuño ao 20 de novembro

PROCESOS CIVÍS ESPECIAIS

35 horas

200 persoas

9 de setembro ao 19 de novembro

CURSO SOBRE ORGANIZACIÓN XUDICIAL E ESTATUTO XURÍDICO DOS FUNCIONARIOS AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

30 horas

200 persoas

16 de setembro ao 14 de novembro

XURISDICCIÓN CIVIL

35 horas

200 persoas

23 de setembro ao 3 de decembro

CORREO ELECTRÓNICO CORPORATIVO, REDE DE XUSTIZA, PUNTO NEUTRO XUDICIAL E PÁXINAS WEBS INSTITUCIONAIS (presencial pola mañá)

12 horas

15 por edición

Setembro ou outubro según localidades

SERVIZO DE GARDA NOS XULGADOS DE INSTRUCIÓN

20 horas

200 persoas

7 outubro ao 14 de novembro

---------------------------------------------------------------------------------------------

Cursos impartidos pola Dirección Xeral:

PROCESOS CIVÍS E ÚLTIMAS REFORMAS DA LAC

40 horas

200 persoas

25 de marzo ao 13 de xuño

XURISDICCIÓN VOLUNTARIA

40 horas

200 persoas

31 de marzo ao 19 de xuño

PRÁCTICA PROCESUAL NA XURISDICCIÓN CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA

40 horas

200 persoas

do 22 de abril ao 12 de setembro

INTRODUCCIÓN AO PROCESO LABORAL

40 horas

200 persoas

27 de maio ao 17 de outubro

DEREITO CIVIL DE GALICIA

40 horas

200 persoas

17 de xuño ao 7 de novembro

------------------------------------------------------------------------

  • En canto ao curso de inglés, aínda que este sindicato defendeu ata o final a súa celebración, acordouse substituilo por dous ou tres cursos diferentes (por exemplo, Lei do menor, Word avanzado....) .
  • Á proposta da CIG, eliminouse a preferencia por órgano de destino para facer os cursos.
  • Ademáis, tamén a proposta deste sindicato, aprobouse a creación dunha bolsa de coordinadores, para que todos os compañeiros e compañeiras que estean interesados poidan desenvolver ese labor, se ben posiblemente non poida entrar en funcionamento antes da celebración dos primeiros cursos.
  • Tamén solicitamos que aos/as compañeiros/as do corpo de xestión que están actualmente como secretarios/as sustitutos, dado que o Ministerio lles nega a posibilidade de acceder á formación específica para secretarios, poidan realizar estes cursos organizados para o persoal de Xustiza.
  • Por outra banda, insistimos na necesidade de realizar cursos de reciclaxe, tanto para persoal interino como para o titular, sen que o custo forme parte do orzamento destinado a formación

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr