No BOE do día 14 de febreiro aparece publicada a Orde pola que se publica a relación definitiva de aprobados na promoción interna ao corpo de tramitación e na que se concede un prazo de vinte días naturais para presentar a documentación necesaria. Postos en contacto co Ministerio, nos comunican que, dado que os aprobados xa son funcionarios do corpo de auxilio, só deberán presentar os seguintes documentos:
Dúas fotocopias do D.N.I.
Fotocopia compulsado do título de Bacharel ou equivalente
Declaración xurada de non estar comprendido en causa de incompatibilidade ou inhabilitado, segundo o modelo que figura no BOE como ANEXO I
Declaración xurada de que as condicións e os requisitos non variaron desde que foron nomeados funcionarios de carreira ( a pesar de que no BOE pon que estas circunstancias deberán ser certificadas por Ministerio ou Organismo do que dependan, dende o Ministerio din que vale con declaración persoal)
Polo tanto, non é preciso aportar certificado médico, nin tampouco certificado de penais, que xa se aporta de oficio.
Se queres ver a resolucion completa do BOE, Clicar resolucion boe
Comentarios
Publicar un comentario