A Audiencia Nacional anula unha sentencia por non permitir o uso do Catalán no Xulgado Central do Penal.
O Pleno da Audiencia Nacional ven de anular a sentencia que condenaba os cataláns Jaume Roure e Enric Stern a pagar 2730€ pola queima de fotografías do Rei, con motivo da visita oficial à Xirona. A razón da anulación é que non se permitiu o uso da lingua Catalana.
O Maxistrado aducía na súa negativa que como o Tribunal tiña a súa sede en Madrid os acusados, non podían invocar o dereito a falar catalán na Comunidade de Madrid. Encanto, a argumentación da defensa baseábase en que o tribunal ten xurisdicción en todo o estado, tamén en territorios onde se falan linguas diferentes do español e polo tanto, o Tribunal debería ofrecer as mesmas garantías que no caso de que os acusados fosen xulgados na súa comunidade de orixe.
Desta maneira, a Audiencia Nacional admitiu as peticións da parte acusada considerando que se lle negou o dereito à defensa e forzando à repetición do xuízo.
Articulo publicado no Mundo: clicar para ver o articulo completo
Comentarios
Publicar un comentario