A Xunta de Persoal da provincia de Pontevedra na reunión celebrada o día 7 de marzo, acordou por unanimidade manifestar o seu apoio e solidariedade cos compañeiros e compañeiras que prestan os seus servizos nos xulgados e tribunais correspondentes ás comunidades autónomas sen transferencias en materia de persoal e que manteñen unha folga indefinida dende o pasado día 4 de febreiro.
O pleno da xunta de persoal considera absolutamente xustificadas as medidas de presión adoptadas polos nosos compañeiros e compañeiras, instando ao Ministerio de Xustiza a resolver o conflito e a recoñecer as reivindicacións dos nosos compañeiros e compañeiras xa que son unhas reivindicacións xustas e adaptadas a realidade.

A CIG, Sector de Xustiza do mesmo xeito, manifesta igualmente o seu total apoio e solidaridade cons compañeiros e compañeiras en folga, en demanda de unhas xustas reivindicacións, animandos a continuar coas medidas depresións ata acadar os resultados que se promoñen.
Comentarios
Publicar un comentario