A CIG, ven de presentar ante o Ministerio de Xustiza unha queixa formal ante a situación na que se atopan os opositores e opositoras que aprobaron as probas selectivas para ingreso nos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial tanto promoción interna como turno libre, ante o incumprimento por parte do Ministerio de Xustiza do establecido nas diferentes convocatorias no que a duración se refire; xa que no punto 7.2 establecíase que “salvo que concorran causas obxectivas que o xustifiquen, apreciadas pola Secretaria de Estado de Xustiza, oído o Tribunal Cualificador único, o proceso selectivo terá unha duración máxima de 12 meses contados a partires da data de realización do primeiro exercicio ata a de comezo do período de prácticas”.
O Ministerio de Xustiza non puxo de manifesto causa obxectivas que xustifique o incumprimento do prazo establecido.
Esta situación conduce a que a convocatoria do ano 2006 non se resolva ata finais do 2008 ou incluso ata o 2009 en algunha das categorías, tres anos despois da convocatoria. Solicitando que se tomen as medidas oportunas para que non se dilate mais o proceso selectivo.
Tamén solicitamos do Ministerio que o curso practico se realice o mais cercano posible a residencia do opositor ou opositora, cuestión esta que non solo favorece os mesmos senón que tamén a administración que tería que pagar menos en concepto de indemnizacións por residencia eventual e transporte.
Para consultar o documento orixinal cliclar:
Comentarios
Publicar un comentario