Saltar ao contido principal

CADROS DE PERSOAL DOS XULGADOS DE NOVA CREACION

En canto aos cadros de persoal prantexados pola Consellería para os Xulgados de Nova creación para A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense,a CIG formulou as seguintes alegacións: estes Xulgados deben levar aparellado, obrigatoriamente, a creación nos decanatos e nos SCNE daquelas prazas que orzamentariamente sexan equivalentes, alo menos, aos catro funcionarios do corpo de auxilio que deixan de formar parte dos cadros de persoal dos indicados órganos, entendendo que nestas poboacións, ao existir servizos comúns, cando se aumenta o número de órganos xudiciais alíviase a carga de traballo destes pero auméntase o volume de traballo daqueles. Esta situación de saturacion dos servizos comúns comprobase moi claramente en Ourense, onde o citado servizo atende a tódolos órdes xurisdiccionais cando en principio so debería atender, como moito, a primeira instancia e instrucción. A situación dos servizos comúns é moi dispar ao longo de toda a nosa xeografía, pois non hai ningunha niformidade no traballo que desempeñan nin nos cadros de persoal que, en moitos casos, non estan na actualidade deseñados para absorver a carga de traballo que se lles remite, pois a administración, dende a súa creación, foi incapaz de actualizar os mesmos a pesares de seguir creando órganos xudiciais unipersoais nas citadas poboacións. Se a todo isto engadimos que carecen dunha aplicación informática propia e adaptada as súas necesidades pois xa temos un novo embudo na adminitración de xustiza. Polo tanto urxe entrar na configuracion e deseño das RPT's destes órganos (que debe levar aparellado un aumento dos cadros de persoal) aproveitando a negociación que se vai a abrir con respecto a Decanatos, Fiscalías, Menores e Imelga.Con respecto ao xulgados da Estrada, ao nº 1 debe aumentarselle un xestor por ser o encargado do Rexistro Civil, co que quedaría cun cadro de persoal de 3-2-2 e, o nº 2, debe ter un cadro de persoal de 2-2-2 pois ao ser un xulgado mixto debe alo menos dous funcionarios por corpo polo que a proposta da administración dun so auxilo non é asumible.En relación co xulgado do contencioso nº 2 de Lugo o seu cadro de persoal debe ser idéntico ao do nº 1 xa existente, é dicir, 2 xestores, 4 tramitadores e 1 auxilio.

Os cadros de persoal propostos pola Xunta son:

XulgadoLocalidadeXest.Tram.Aux.
1ª Instancia nº 12A Coruña341
1ª Instancia nº 6Santiago241
1ª Instancia nº 5Pontevedra241
1ª Instancia nº 6Ourense241
Mixto nº 2A Estrada221
Contencioso nº 2Lugo231


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr