Saltar ao contido principal

OS SINDICATOS DA PLATAFORMA LEVANTANSE DA MESA DE ACCION SOCIAL

MESA DE ACCIÓN SOCIAL 2008 O pasado día 9 de Maio tivo lugar a mesa de Acción Social do 2008, por parte da administración preséntase o Programa para o ano. O presuposto para este ano vese incrementado nun dous por cento (2%) con respecto ó do ano pasado, cantidade que no se achega á petición sindical.

As Organizacións Sindicais de forma unánime nos levantamos da mesa de negociación, manifestándolle a Xunta a nosa intención de non participar no reparto dos programas. Esto ven motivada porque ano tras ano todas a Organizacións Sindicais pedimos que o presuposto se incremente ata o 1% da masa salarial (sería duplicar o presuposto existente neste momento) ademais dentro das reivindicacións da plataforma ven recollida a mesma petición.

Por parte da plataforma, puxémoslle con condición, para participar na mesa de acción social que están convocadas, un compromiso firme para que nos vindeiros anos cheguemos ao 1% da masa salarial.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.