No DOG de data 29 de maio publícase a convocatoria de Acción Social para os Traballadores e Traballadoras ao Servicio da Administración de Xustiza da Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será ata o vindeiro 31 de Xullo. A CIG e os demais sindicatos levantámonos da mesa de Acción Social ante a negativa de Xunta de incrementar os fondos destinados a este fin ata alcanzar o 1% da masa salarial, o destinado para este ano é o mesmo que en anos anteriores o 0´4%.
As solicitudes poderán facerse a través do portal do funcionario público ou polo trámite ordinario, se queres ver as bases clicar en: bases publicadas no DOG
Comentarios
Publicar un comentario