Saltar ao contido principal
entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza para promover unha ilp para derogar o chamado plus de altos cargos

Impiden á CIG explicar os contidos da ILP no recinto do Parlamento

Representantes da CIG fixeron entrega, esta mañá, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.

“Como é posíbel que veñan os representantes dunha comisión que promove unha Iniciativa Lexislativa Popular -algo tan democrático como iso e que ten o apoio que ten- e que non poidan dentro do Parlamento, onde se supón que reside a soberanía popular, pronunciarse e comentalo cos medios de comunicación?”. Deste xeito valoraba Suso Seixo, secretario xeral da CIG, o impedimento a facer declaracións unha vez entregadas as sinaturas para promover a ILP. Xunto a el estaban Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino e Héctor López de Castro Ruíz, letrado da organización sindical.

Para o secretario xeral da CIG a situación vivida no recinto parlamentar é “sorprendente e alarmante” ademais dun “retroceso”, especialmente “lamentábel ao vir precisamente dunha mesa na que teñen maioría dúas organizacións políticas de esquerda”. Porén, malia non saber quen tomou a decisión de prohibir facer declaracións nin sequera ás portas do edificio, Seixo lembrou que “a conduta da Presidenta do Parlamento noutros casos semellantes nunca foi moi favorábel a facilitar as cousas. Sobre todo cando se trata de temas de carácter social ou demandas dos cidadáns”.

Así as cousas, os representantes da CIG tiveron que saír á rúa para explicar o contido da ILP -que pretende fundamentalmente a derrogación da disposición adicional 17ª, referida ao complemento de destino dos altos cargos-, e comentar cos medios o números de sinaturas rexistradas -19.146-.

Seixo explicou que aínda habendo máis sinaturas entregadas nas oficinas provinciais do censo, pendentes aínda de certificación, acordouse non gardar máis para rexistralas porque o número mínimo que se precisa é 15.000, e ese mínimo está xa sobradamente cuberto. “É probábel que se adiante a disolución do Parlamento ao mes de decembro para poder celebrar as eleccións no mes de marzo e queriamos ter as máximas garantías de que o debate se dá nesta lexislatura”.

Unha vez entregadas as sinaturas, a Mesa do Parlamento ten que remitir a Iniciativa ao Consello da Xunta para que este organismo valore se por razóns de carácter orzamentario é posíbel ou non promovela neste ano. “Agardamos que dea tempo para que se produza o debate definitivo e decidan se optan por aceptar as nosas propostas ou non. O custo non vai ser tan importante e o normal é que o tema pase ao pleno que tería que pronunciarse respecto de se acepta ou non a trámite esta ILP”.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr