Saltar ao contido principal

COLAPSO DOS XULGADOS DO PENAL

O BNG urxe persoal de reforzo e alongamento das xornadas nos Xulgados do Penal para facer fronte ao incremento na entrada de asuntos para a súa execución

O deputado do BNG Iago Tabarés reclamou nun debate en comisión do Parlamento de Galiza que con carácter inmediato se adopten medidas de reforzo nos Xulgados do Penal e se autoricen tamén alongamentos de xornada, toda vez que os dados demostran que hai un incremento na entrada de asuntos para execución.

Tabarés insistiu durante a defensa dunha iniciativa súa ao repeito que, ante a situación de “caos” que se pode chegar a producir porque as sucesivas reformas lexislativas incrementan o traballo nestes Xulgados sen que estes dispoñan de máis medios, é preciso tamén reflexionar para que a medio e longo prazo tamén se contemple a creazón de Unidades Especializadas en execución penal ou de servizos comúns adicados a tal fin.

O deputado nacionalista expuxo como dados reveladores da situación descrita e segundo as cifras que manexa o Poder Xudicial que, ao respeito de 2006, se produciu un incremento dun 2,6 por cento en asuntos para sentencia e dun 7 por cento para execución, o que provocou un pequeno repunte da pendencia.

Asemade, e de xeito exponencial, puxo o caso dos Xulgados Nº 1 e 2 de Ourense, onde a 4 de Xuño, constando xa as cifras por delitos de tráfico (que aínda non constan nas estatísticas da Dirección Xeral), o incremento no número de executorias é do 58 e o 61 por cento respeitivamente.

A entrada en vigor dos xuízos rápidos no 2002, a Lei de Violencia de Xénero no 2004 e actual reforma do Código Penal en materia de tráfico e seguranza viaria de 2007 supuxeron un maior número de dilixencias a instruir, resolver e, no seu caso executar, sen que isto vaia parello a un incremento de medios para o seu desenvolvemento, o que pode resultar incluso contraproducente.

Iago Tabarés afirmou asumir as reivindicacións da Plataforma Sindical Unitaria e estar a facerse eco das súas demandas de máis persoal e alongamento das xornadas, punto que foi rexeitado pola directora xeral de Xustiza, Begoña Santos, quen asegurou que non lles constaba a solicitude de funcionarios de reforzo.

A directora xeral recoñeceu que, ao respeito de 2004, mentres o volume de ingreso e de pendencia diminuiu non aconteceu o mesmo coas executorias, mais explicou que medidas como a concesión de persoal de reforzo ou prolongación de xornadas se adoptan na Comisión Mixta que, até o de agora, non obtivo ningunha solicitude sobre máis persoal.

No que se refire á prolongación de xornada, informou de que, efectivamente, houbera un total de 4 peticións das que xa se concederon 2 en Pontevedra e, a nivel xeral, non no que atinxe ao Penal, no último ano se pasou do 20 por cento de reforzo ao 70 por cento, “mais nós non somos quen de decidir unilateralmente a necesidade de postos de traballo e se non hai peticións non se poden conceder”, dixo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr