Saltar ao contido principal

OPOSICIONS OFERTA DO 2008

OPOSICIÓNS 2008.-



O, 16 de setembro, celebrouse Mesa Sectorial en Madrid a fin de analizar as novas bases que rexeran as vindeiras oposicións aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio; xuntanza que proseguirá o vindeiro 25 de setembro a fin de rematar a negociación correspondente. Segundo o Ministerio, ata o mes de novembro, como mínimo, non saira a convocatoria debido ao informe preceptivo do MAP.


Por parte da CIG fixéronse propostas a fin de que se procedese a reducción dos temarios (sobre todo nos procesos de promoción interna) ademáis dunha máis ampla regulamentación das bases en aspectos tales como os que de seguido vos indicamos:



- Participación ao mesmo tempo por promoción interna e turno libre.


- Valoración das diversas titulacións de informática


- Revaloración das titulacións que teñan que ver co dereito fronte ao resto de licenciaturas e diplomaturas, tales como relacións laborais, criminoloxia, etc.


- Revaloración da titulación de dereito fronte ao resto de licenciaturas.


- Maior peso específico da fase de concurso.


- Evitar o feito de realizar varios chamamentos para a realización do mesmo exercicio.


- Reducción global do proceso selectivo a fin de que non se alongue no tempo innecesariamente.


- Reducción dos cursos prácticos e concrección do pagamento das dietas e gastos xerados por dito motivo.


- Deslindar no temario que temas son para o test, teórico e práctico.


- Establecer claramente o proceso a levar a cabo cando se anula unha pregunta e prever a existencia de preguntas reserva.


- Prever as notas de corte con un número mínimo de persoas por praza para as seguintes fases do proceso selectivo sen prexuizo da fixación por parte do tribunal do corte.


- Unificar os criterios de antiguidade fixando con claridade a data de inició do cómputo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.