Saltar ao contido principal

INCUMPRIMENTO DA LEXISLACION LINGÜÍSTICA POR PARTE DA CONSELLERIA DE PRESIDENCIA

José Luis Méndez Romeu


A Mesa pola Normalización Lingüística avalía que a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza é o departamento do Goberno galego que máis vulnera a Lei de normalización lingüística e o Plan xeral de normalización da lingua galega. Por este motivo, insta ao seu responsábel, José Luis Méndez Romeu, e ao presidente da Xunta a que se adopten as medidas para que “tal e como fan todos os gobernantes responsábeis, a Consellaría de Presidencia cumpra coa lexislación”.



Desde finais de 2007, A Mesa tramitou diversas queixas por vulneración dos dereitos lingüísticos no departamento que ten por titular a Méndez Romeu. Entre as queixas remitidas pola asociación a esta Consellaría está a exclusión do galego nos programas informáticos da Administración de Xustiza, a falta de traducións para o galego de lexislación básica, as fortes carencias de persoal técnico para axudar no proceso de normalización lingüística na Administración de xustiza (nestes últimos catro anos non só non se aumentaron senón que se reduciron) ou a ausencia do galego nalgúns servizos telefónicos da Xunta.


Todas estas queixas foron remitidas por cidadáns á Liña do Galego, servizo gratuíto desde onde se tramitan tamén expedientes de felicitación e de consultas. Calquera persoa pode dirixirse á Liña do Galego a través do teléfono 902 10 64 74 ou do correo electrónico linhadogalego@amesanl.org.

Desde A Mesa lembran “a pésima actitude de Méndez Romeu cara ao uso do galego” en toda a lexislatura, negándose “incivicamente” a aplicar o Plan de normalización aprobado por unanimidade no Parlamento, amparando situacións condenadas polos tribunais de xustiza (como a exclusión do galego no Concello da Coruña durante o anterior mandato municipal), insultando os movementos sociais que traballan en defensa da cultura galega e mesmo chegando a propor a oficialización de topónimos castelanizados.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.