Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL – 20/11/2008

MESA SECTORIAL – 20/11/2008



Na MESA SECTORIAL celebrada onte en Santiago chegáronse aos seguintes acordos:




  1. Asináronse as actas onde se recolle o acordo de aumento retributivo para o ano 2009. Segundo o Subdirector de MM.PP., dito acordo xa foi remitido ao Consello da Xunta a fin de ser aprobado antes de que finalice este ano. Esperemos non ter problemas para a percepción de dito incremento salarial.



  1. En breve serán publicadas no DOG a Orde e a Resolución de interinos e concesión de permisos e licenzas, respectivamente, logo dunha longa negociación coa administración.

En permisos e licenzas foron recollidos, nunha única norma que facilitará a súa localización, todos aqueles máis favorables que nos son de aplicación consonte ao Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei da Función Pública Galega. A proposta da CIG conseguiuse incluir a equiparación das parellas de feito que estiveran sen inscribir nun rexistro de parellas ao resto de parellas de feito e matrimonios, aos efectos da petición de permisos e licenzas.


Na regulación das novas bolsas de interinos, entre outras novidades, cabe salientar as seguintes:


1. Tentáronse corrixir os erros máis importantes de que adoecía a anterior regulamentación, a fin de facer máis axil a xestión e nomeameto de dito persoal.


2. Estableceuse a posibilidade da comarcalización, e dicir, posibilidade de elección de comarca de preferencia.


3. Auméntouse de xeito considerable o número de compoñentes das bolsas (tramitación e auxilio) debido ao efecto rebote das substitucións verticais.


4. Permitiuse no mesmo corpo o cambio de bolsa dentro da Comunidade Autónoma por modificación do enderezo de residencia.


5. Regularizouse definitivamente a aquel persoal interino que non posue a titulación correspondente para o corpo que se desempeña.


6. Establecéronse e xeito máis concreto as causas e preferencias de cese tanto entre interinos como entre titulares e interinos.





  1. Constatouse na mesa a problemática existente nas atribucións de funcións do corpo de auxilio judicial e todas as centrais sindicais coincidimos en indicar que dita problemática ven dada pola negativa da administración á creación dos servizos comúns de auxilio judicial. Quedouse de realizar unha xuntanza para analizar en profundidade o tema e prantexar as posibles solucións ao mesmo. A CIG, como noutras ocasións, propuso que as retribucións para o caso de atribución de funcións fora diaria por analoxía as retribucións dos Secretarios Xudiciais en casos similares.

Por parte da CIG, así mesmo, fíxoselle chegar a petición de que a resolución de substitucións debe ser aplicada na súa totalidade e proceder a nomear substitucións horizontais antes de proceder ao nomeamento de pesoal interino.




  1. En canto aos órganos de nova creación, preguntouse sobre a ubicación dos mesmos, dada a escaseza de espazos nos edificios xudiciais, remitíndosenos por parte da Dirección Xeral á Secretaría Xeral da Consellería que é a encargada das obras e infraestructuras xudiciais. Coma sempre na administración de xustiza imos por detrás das necesidades reais de espazo

Así mesmo a CIG fixo fincape que na maioría de órganos creados redúcense nos seus cadros de persoal o número de traballadores, sen que esta reducción se reflicta na creación de prazas nos servizos comúns e decanatos co que se consegue a saturación deste últimos.




  1. En canto ao sistema de gardas nos órganos xudiciais solicitouse para Vigo e Coruña que a totalidade do cadro de persoal entre de garda ordinaria debido a sobrecarga de traballo que se rexistra neste servizo e ante a imposibilidade de momento de poder acceder ás gardas de 24 horas debido aos módulos de traballo fixados polo CXPX.

Solicitouse así mesmo que se estableza un acordo (a semellanza co fixado en Catalunya) para retribuir correctamente os distintos servizos de garda


Na Coruña, a partires do 1 de Janeiro de 2009 será de aplicación a dobre garda xa vixente na actualidade en Vigo.




  1. En rogos e preguntas por parte da administración indicóusenos que non se ia contestar ao recurso prantexado pola CIG contra a creación dos perfis nas fiscalias de determinados postos que cotempla a norma ISO. A CIG entende que ditos perfis non foron negociados pola administración e que os mesmos deben formar parte da RPT correspondente, sen que quepa a súa dotación na actualidade ao carecer desta última ferramenta.

Preguntada a administración se estaba enterada da CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS para este ano 2008 indicóusenos que se enterou neste mesmo día da súa publicación no BOE. A CIG recriminoulle á Directora Xeral o seu poco peso específico tanto a nivel da propia Consellería de Xustiza como a nivel do Ministerio de Xustiza e que era unha vergonza que unha administración convocante se enterara, sen ningún tipo de antelación, da convocatoria de oposicións para o acceso ao corpo de xestión na nosa Comunidade Autónoma (así tamén saiu o concurso de traslados).


Pola CIG preguntouse finalmente se se ian manter as quendas dos rexistros civis. A administración indicou que en principio se manterían as mesmas en identicas condicións, poidendo os novos traballadores dos rexistros civis entrar a formar parte daquelas en canto remataran as vixentes.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr