A XUNTA COMPROMETESE A CONVOCAR AS PRAZAS DE XESTORES NON CUBERTAS NOS ULTIMOS CONCURSOS DE TRASLADOS
PRAZAS PARA OS XESTORES NO VINDEIRO CONCURSO
A CIG ven de conseguir que a Dirección Xeral de Xustiza adquira o compromiso en Mesa Sectorial de sacar en marzo de 2009, no vindeiro concurso de traslados, todas as vacantes existentes no corpo de Xestión que quedaron sen cubrir como consecuencia da resolución do anterior concurso. Con esta decisión, aqueles compañeiros que aprobaron a promoción interna a dito corpo de Xestión terán prazas en Galiza que poderán pedir xunto coas vacantes existentes dos órganos de nova creación e, dese xeito, conquerir unha praza definitiva e poder empezar a traballar no corpo para o que promocionaron. A CIG congratúlase de ter acadado da administración autonómica este compromiso que beneficiará non só as nosas compañeiras/os se non tamén a Administración de Xustiza en Galiza, ao cubrirse con persoal titular prazas que doutro xeito estarían varios anos sen cubrir.
Comentarios
Publicar un comentario