A Xunta constitúe os servizos comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo Estes servizos iniciarán a súa actividade o vindeiro 31 de outubro de 2008 Asumirán a atención personalizada ao cidadán, a información xeral, o tratamento de suxestións ou queixas e a asistencia ás vítimas dos delitos e das faltas Santiago, 26 de setembro de 2008.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da súa Dirección Xeral de Xustiza, publicou esta mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo polo que se constitúen os servizos comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima, dependentes dos decanatos dos xulgados de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Estas oficinas serán atendidas por persoal ao servizo da Administración de xustiza e iniciarán a súa actividade o vindeiro 31 de outubro de 2008. O servizo, que actuará en coordinación coa Unidade de Atención á Cidadanía do Consello Xeral do Poder Xu