Saltar ao contido principal

OPOSICIÓNS CONVOCATORIA 2008

Dende a Xerencia do Ministerio de Xustiza en Galicia, ven de comunicarnos que os exames deTRAMITACION PROMOCION INTERNA serán previsiblemente o próximo día 18 de abril, e tamén nos din que:


Con motivo das convocatorias de probas selectivas para persoal ao servizo da Admón. de Xustiza correspondentes aos Corpos de Tramitación Procesual e Administrativa (TPA, ORDE JUS/3339/2008, de 10 de novembro) e Auxilio Xudicial (AJ, Orde JUS/3337/2008, de 10 de novembro), necesitaranse nun futuro próximo (o primeiro exame para o Corpo de TPA, pola quenda de promoción interna, será o próximo 18 de abril de 2009) a presenza de Vixiantes nas aulas.


Os únicos requisitos que se esixen para estas funcións, lóxicos por outra banda, son que ditas persoas teñan dispoñibilidade para poder actuar os días sinalados para os exercicios e que exerzan devandito traballo con seriedade, profesionalidade e responsabilidade.


As cantidades a devengar por vixilancias en sábados e festivos son de 21 euros (menos descontos de IRPF) por hora traballada, co límite máximo de 5 horas por exame e vixiante


Os interesados deberan remitir unha solicitude a :


Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia en A Coruña
Tfno.: 981 246 231
Fax: 981 121 050
email: gerencia.galicia@mju.es
C/ Emilia Pardo Bazán, 1B (1º Izqda.)
15005 - A CORUÑA

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.