Saltar ao contido principal

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN SOBRE PERMI...


PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN SOBRE PERMISOS E VACACIÓNS


No DOG. do 23 de abril publícase a Resolución do 8 de marzo, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e procedemento da concesión de  vacacións, permisos e licenzas do persoal ao servizo da Administración de Xustiza destinado en Galicia, tanto titulares como interinos.


Esta resolución foi o remate de largar negociación coa Dirección Xeral de Xustiza e supón un grande avance dos nosos dereitos no que permisos e licenzas se  refire. Nesta resolución recóllense todos e cada un dos permisos e licenzas que temos dereito, así como o procedemento, prazos e forma de solicitalos, tamén se regulan os prazos que a Administración ten para contestar as solicitudes e caso de non contestar en ditos prazos estimaríanse concedidos por silencio  administrativo. Ata que a Consellería adecúe o programa informática a este novo formato continuaranse usando aplicación informática existente.


Texto completo da resolución publicado no DOG

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.