Saltar ao contido principal

A CIG NA DEFENSA DO GALEGO





A CIG abandona a mesa de negociación da función pública, pois a Xunta teima en eliminar a obriga de coñecemento do galego



Máis de 500 delegados e delegadas da área pública da central concentráronse en Compostela. A CIG esixiu na reunión celebrada na mañá do venres 22 de maio a retirada da proposta de modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública Galega, xa que pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas de acceso á función publica. A Xunta mostrouse contraria á súa retirada, o que conlevou a que a CIG se retirara da mesa de negociación, tamén abandonaron a mesa os sindicatos CCOO e UGT, non así o CSIF.



Esta medida evidencia que o PP, a través do goberno da Xunta, ten como obxectivo prioritario e urxente eliminar todas as avances que fomos conseguindo para que o noso idioma sexa recoñecido e usado na administración o que debe comportar o seu coñecemento e competencia por todos e cada un dos empregados e empregadas públicos/as



É tal o odio que este goberno da Xunta, co seu presidente á cabeza, profesa contra o galego que despreza de xeito autoritario, dá as costas e fai oídos xordos ao clamor popular en prol do noso idioma, evidenciado na maior manifestación que percorreu o pasado domingo as rúas de Compostela.



Que o goberno do Partido Popular conte coa maioría absoluta, mais non coa maioría dos votos dos galegos e galegas, non lle dá vía libre para aldraxar e menosprezar o noso idioma, deseñando unha política lingüística involucionista que procura a extinción do noso idioma.



“Estamos ante un goberno de Galiza que por moi paradoxal que semelle é antigalego cuxas directrices emanan de Madrid para relegar o coñecemento e o uso do noso idioma de todos os ámbitos posíbeis”, sinalan nun comunicado a CIG-Administración, a CIG-Ensino e a CIG-Saúde.



Dereito dos galegos e galegas



Coa eliminación da obriga de realizar en galego como mínimo unha das probas das oposicións á función pública estase furtando o dereito a podermos ser atendidos en galego nas administracións públicas, xa que os futuros empregados e empregadas públicos/as non terán que amosar a competencia lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego.



Estamos ante unha proposta contraria tanto á Lei de Normalización Lingüística como ao Plan Xeral de Normalización Lingüística, así como ao Estatuto Básico do Empregado Público. A CIG non aceptará ningún paso atrás na normalización lingüística, polo tanto continuará esixindo a eliminación desta modificación, que supón unha agresión máis ao noso idioma




Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr