Saltar ao contido principal

CURSOS DE FORMACION A DISTANCIA

 

A vista do inicio dos cursos de formación a distancia programados pola EGAP (cursos ON LINE), nos que ao parecer se solicita a celebración dun examen presencial, A Confederacion Intersindical Galega CIG-Sector de Xustiza ven de remitirlle escrito a Dirección Xeral de Xustiza no que solicita a SUPRESION deste requisito con base nas seguintes argumentacións:


 


1)      A Xunta en ningún momento da convocatoria informa de que nos cursos se vai establecer un exame presencial. Polo tanto, os funcionarios que  realizan a correspondente inscripción ignoran dita circunstancia. Ainda por riba a realización do exame e centralizada cando debería ser, cando menos, descentralizada nas sete grandes cidades.


 


2)      Se a formación que se está a impartir é ON LINE non resulta moi lóxico fixar un exame presencial. Unha cousa e esixir unha proba para valorar o aproveitamento e outra moi distinta realizar unha proba presencial.


 


3)      En todo caso a administración deberá facerse cargo dos custes por desprazamento dos funcionarios a dito exame presencial por non ter informado esta circunstancia no momento da convocatoria. Así mesmo, non se pode penalizar ás compañeiras/os que renuncien a realización do curso por esta circunstancia e, as/aos que non renuncien pero non fagan o exame deberá expedírselle igualmente o certificado de asistencia.


 


 


            Por todo iso pidese a Dirección Xeral de Xustiza que as probas de aproveitamento se fagan on line e, en caso de que a adminitracion teime en manter as probas presenciais, as mesmas sexan descentralizas correndo cos custes do desprazamento dos funcionarios.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr