Saltar ao contido principal

RERIBUCIONS ANO 2010

RETRIBUCIÓNS ANO 2010

Cobrastes menos en xaneiro?.

Moita xente nas Administracións Públicas ficou sorprendida cando lle chegou a nómina do mes de xaneiro. En xeral, todo o persoal cobrou entre 10 e 30 euros menos que nunha mensualidade periódica habitual. Erros aparte, que se puideran producir nalgún caso, o que pasou foi o seguinte:

a) Este ano as retribucións aumentaron moi pouco, só un 0,3%, a raíz dun acordo entre o Goberno do Estado e os sindicatos CCOO, CSI-F e UGT, no marco da Mesa Xeral das Administracións Públicas. Os outros dos sindicatos presentes CIG e ELA, non asinamos.

b) Este ano non hai rebaixa de 400 euros anuais na retención do IRPF. En 2008 e 2009, a retención do IRPF minorouse en 400 euros anuais o cal equivale a 33,33 euros mensuais por termo medio, en 2010 esa rebaixa desapareceu, de forma que nos reteñen eses 33,33 euros.

A combinación desas dúas circunstancias provocou a baixada dos importes nas nóminas; a desaparición do recorte na retención non foi compensada por un aumento suficiente nos importes das retribucións.

Por rematar, debemos lembrar que é curioso que algunhas organizacións que criticaron no seu día a implantación da medida dos 400 euros, agora lamentas a súa desaparición. Igualmente, é tamén curioso que esas organizacións acusan só o Goberno do resultado da baixada en nómina, cando consentiron en aceptar unha suba das retribucións que, razoablemente, non podían conducir a outro resultado.

A CIG foi a única organización en Galiza que estivo desconforme coas retribucións e convocou unha concentración diante do Parlamento galego o pasado 16 de decembro contra o acordo retributivo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr