Saltar ao contido principal

REXEITAMENTO Á REFORMA LABORAL


A CIG avaliou esta mañá, en rolda de prensa, como moi “graves” os recortes laborais que se introducen na proposta de reforma laboral presentada polo goberno que se aprobará mañá no Consello de Ministros. Respecto da convocatoria de folga xeral, Suso Seixo, secretario xeral, considerou “un erro” atrasala até setembro e responsabilizou a CCOO e UGT de “arrastrarnos” ás portas do verán, malia coñecer con anterioridade os regresivos contidos da mesma. Á espera de que se confirme na xuntanza do Secretariado, que terá lugar o próximo venres día 18 de xuño, adiantou que a CIG participará na folga xeral con todas as súas forzas pero, probablemente, cunha convocatoria de actos por separado.

Nova en paxina web
Nota informativa en pdf
Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.