Saltar ao contido principal

ACLARACIÓNS A ACEPACIÓN DE PRAZAS DO PERSOAL INTERINO


   Á vista do acontecido nestas semanas con respecto á preselección e aceptación de prazas por persoal interino e, despois de falar coa Administración, cremos que debemos aclarar uns aspectos da orde do 13 de agosto de 2010.
   Así, o art. 1 no seu apartado b) establece a “obriga de comunicar a aceptación de prazas (establecendo entre elas a orde de preferencia no caso de aceptaren varias) ou para manifestar expresamente o seu rexeitamento da oferta. A comunicación de cada participante deberá conter, como mínimo, aquelas prazas que sexan da súa zona de preferencia”.
   Pero o art.. 3 establece que “se tras o proceso descrito nos dous puntos anteriores quedasen prazas sen aceptar, os departamentos territoriais da consellería competente notificáranlles a súa exclusión das bolsas de interinos ás persoas que a través do dito proceso foron chamadas para aceptar as prazas e non as aceptaron expresamente, feito este que determina o referido resultado.”
   Ante esta regulación, a DXX entende que só no caso de que algunha das prazas ofertadas quedase sen cubrir se terá en conta o feito de que alguén non aceptara unha praza da súa zona. Se se cubren todas as prazas, o feito de que alguén non acepte unha ou ningunha das prazas da súa zona non suporá a súa exclusión da bolsa.
   A fin de evitar esta problemática, xurdida na última convocatoria do pasado 22 de decembro, a CIG reiterou a administración a proposta feita xa no seu día relativa a que as prazas da zona de obriga correspondente ao candidato deber aparecer xa todas marcadas inexcusablemente na instancia a presentar (non poden quedar ao libre albedrío dos candidatos), coa única  opción de indicar a órde de preferencia sobre as mesmas, evitándose así o desmarcaxe voluntario ou involuntario das prazas da zona de preferencia e cumprindose polo tanto coa obriga prevista na norma.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr