O pasado venres 17 de decembro levouse a cabo unha Mesa Sectorial no Ministerio de Xustiza, na que simplemente se tratou sobre a publicación da nova oferta de emprego público para o acceso ao corpo de Secretarios Xudiciais e o mantemento das bases actuais de ditos procesos selectivos, sen que se producira ningunha modificacion das mesmas. En fin, un mero formalismo dos que nos ten acostumbrado o Ministerio de Xustiza, a fin de poder convocar sen problemas a vindeira oposición para acceso ao corpo de Secretarios.
O único productivo da xuntanza foi que preguntado por este sindicato se nalgún momento a administración central tiña pensado publicar un escalafón actualizado dos corpos xerais, por parte do Subdirector Xeral se nos indicou que en 15 días sería publicado o mesmo a través do portal do funcionario da intranet do Ministerio, polo que xa nos diriximos á Dirección Xeral de Xustiza de Galiza para que dita páxina sexa tamén accesible dende os equipos instalados na nosa Comunidade Autónoma.
Comentarios
Publicar un comentario