Saltar ao contido principal

CURSOS DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA

    Para os próximos meses de AGOSTO e SETEMBRO  anúnciase a organización dos cursos de linguaxe xurídica galega nivel medio, na modalidade de TELEFORMACIÓN e nivel superior, na modalidade PRESENCIAL, nas cidades da Coruña e Vigo,  dirixidos ao personal da Administración de Xustiza, que está destinado fora da nosa Comunidade Autónoma. 

Requisitos:
   Para acceder ao curso de nivel medio: ter aprobados ou convalidados o curso de nivel básico, o curso de   perfeccionamento. ou o curso Celga 4.
    Para acceder ao curso de nivel superior: ter aprobado o curso de nivel medio.

Prazo:
   O prazo de inscripción nos cursos finaliza o vindeiro 6 DE XUÑO DE 2011.

   Abaixo  tedes o enlace para poder comprobar todos os demais requisitos da convocatoria deste ano e a páxina onde teredes que inscribirvos.
 

Resolución convocatoria.
Paxina EGAP presentación instancia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.