Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June, 2011

MESA SECTORIAL MINISTERIO - 27 DE XUÑO DE 2011

Aquí vos deixamos a nota informativa sobre o tratado na última mesa sectorial no Ministerio de Xustiza. Como sempre a negociación non se viu por ningún lado e a imposición por parte ministerial foi a tónica dominante, polo que este tipo de mesas sempre acaban sendo un mero trámite para escoitar as centrais sindicais antes de aprobar defintivamente calquera tipo de proxecto  que afecte a administración de xustiza.
Nota informativa Mesa Sectorial Ministerio

CONCURSO DE TRASLADOS - OPOSICIÓNS 2011

CONCURSO DE TRASLADOS.- Segundo nos informou o Ministerio de Xustiza no día de onte, 27/6/2011, debido a retrasos con determinadas comunidades autónomas que non remitiron ainda as instancias para a súa gravación, así como a escasa utilización dos procesos telemáticos por parte dos funcionarios, non resultará posible a publicación das listaxes provisorias do concurso de traslados ata Setembro.
OPOSICIÓNS.- En canto aos procesos selectivos para ingreso nos corpos xerais (xestión, tramitación e auxilio) así como no corpo de secretarios xudiciais, o Ministerio de Xustiza indicounos que nesta semana daranos traslado das respectivas bases que rexeran as convocatorias e procurará publicar as mesmas no BOE, previa negociación na mesa sectorial, antes de finais de xullo e, en consecuencia, sinalar para a presentación de instancias os primeiros días de setembro.

CURSOS FORMACIÓN EGAP ESPECÍFICOS PARA XUSTIZA

Comunicámosvos que o vindeiro luns, 20 de xuño, publicarase no DOG a resolución pola que se convocan os cursos de formación xestionados pola EGAP para o persoal da administración de xustiza de Galiza.    O prazo para solicitar os devanditos cursos será de 10 días naturais. 

Resolución convocatoria cursos xustiza