Rematado
o prazo de presentación de instancias establecido pola Convocatoria da
Dirección Xeral de Xustiza do 14 de xullo de 2010 para ser titores dos
aspirantes que deben realizar a fase de prácticas tuteladas no marco da Orde JUS/1654/2010,
pola que se publica o proceso selectivo para o ingreso polo sistema de
promoción interna ao Corpo de xestión procesual e
administrativa e, non constando presentadas solicitudes
de funcionarios de carreira en activo do Corpo de xestión procesual e administrativa con destino nos xulgados de Santiago de Compostela,
a Dirección Xeral de Xustiza procede a publicar unha
convocatoria ampliatoria do prazo para solicitar ser titor na
dita localidade.
O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 12 de setembro.
As
solicitudes deberán adiantarse por fax ao número 981.546.222 consonte a
instancia anexa á convocatoria do 7 de setembro.
Comentarios
Publicar un comentario