Por fin, tal e como indicara o Ministerio, no BOE do 20 de maio de 2011 sairon publicadas as respectivas resolucións de convocatoria do concurso de traslados para o persoal dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio. Definitivamente en Galiza conqueriuse que sairan a concurso as prazas das Fiscalías de Area de Ferrol, Compostela e Vigo que levaban longo tempo ocupadas con persoal de reforzo. O prazo de presentación de instancias segundo a Xunta de Galicia finalizará o 30 de maio de 2011 . Tal e como a CIG tiña SOLICITADO, en Galiza desta vez a instancia poderá cubrirse de xeito informático a través do portal do AIX a fin de evitar erros na transcripción de códigos. A instancia xerada de forma definitiva tera que ser remitida igualmente en formato papel á Dirección Xeral de Xustiza. Podes cubrir a túa instancia informática dende o seguinte enlace e coas instruccións que se indican no outro enlace: https://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/ Guia para cumprimentar INFORMATIC