Saltar ao contido principal

A CIG ANUNCIA UNHA CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL PARA FINAIS DE MARZO

   A conferencia sindical que se celebrou en Santiago de Compostela o 7 de febreiro aprobou por aclamación a mobilización.
   O secretario xeral da CIG compareceu en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha folga xeral para a última semana do mes de marzo. A decisión foi adoptada por aclamación -só houbo sete abstencións- pola conferencia sindical que se celebrou en Santiago de Compostela e na que participaron máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.
2012 02 07 ConferenciaSindicalFolgaXeral1   Suso Seixo comezou a súa intervención apelando á necesidade da mobilización social como único xeito de amosar rexeitamento ás políticas que está a aplicar a Unión Europea e o Estado español. Neste senso, cualificounas de inxustas e equivocadas: inxustas, porque cargan as consecuencias da crise económica sobre a maioría social, a clase traballadora; e equivocadas porque non están a servir para recuperar a economía e os niveis de emprego. Ben ao contrario, as medidas adoptadas están a provocar máis paro e un incremento da precariedade, da desigualdade social e da pobreza.
   Fronte a isto, a CIG aposta por convocar unha folga xeral nacional para a última semana de marzo. A data definitiva será consensuada coas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización, aínda que a central nacionalista baralla a posibilidade de que sexa o luns 26 ou o martes 27.  O máximo responsábel da central nacionalista indicou que trasladarán a proposta a todos os sindicatos que operan no noso país e ás distintas organizacións sociais e políticas galegas. Ao mesmo tempo, adiantou que tamén se contactará coas centrais nacionalistas vascas, catalás e canarias para que se sumen á protesta.

Dar resposta ás próximas reformas
   Así mesmo, Seixo explicou que a folga persegue tamén dar unha resposta contundente ás próximas reformas laborais anunciadas polo Goberno español do PP. “Tampouco debemos de esquecer que teñen previsto aprobar no mes de marzo os orzamentos xerais para 2012, que contemplará importantes recortes do gasto público xa que pretenden reducir o déficit en 40.000 millóns de euros”, comentou.
   Finalmente, amosouse moi crítico cos pactos alcanzados entre o sindicalismo español e a patronal xa que, na súa opinión, supoñen unha perda de dereitos e a desmobilización da clase traballadora. “Tamén supoñen unha derrota no eido ideolóxico porque secuestran o debate sobre un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e ao servizo da maioría social”.
   Para rematar lembrou o papel activo que a CIG xogou dende o inicio da crise, tanto presentando alternativas como afondando no debate ideolóxico sobre un novo modelo, “conscientes de que o actual sistema capitalista neoliberal fracasou”. Diante disto, fixo un chamamento a secundar a folga xeral e participar nas mobilizacións previas que se desenvolverán nas vindeiras semanas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr