Saltar ao contido principal

CONTRA OS RECORTES DA XUNTA, MOBILIZACIÓN

   Onte, 7 de febreiro de 2012, as catro centrais sindicais representativas na mesa xeral da función pública de Galiza convocamos unha rolda de prensa para transmitir o noso máis absoluto rexeitamento á totalidade das medidas previstas pola Xunta de Galicia no seu anteproxecto de Lei de medidas para o emprego público, (ampliación do horario de traballo, posibilidade de reducir ata 1/3 a xornada e o salario dos funcionarios interinos, supresión de días de asuntos particulares, supresión do Fondo de Acción Social, etc.), que foi remitida ás organizacións sindicais o pasado venres, 3 de febreiro.
   Na rolda de prensa os representantes das catro organizacións coincidiron en denunciar o continuo ataque que sofren as empregadas e empregados públicos, que son postos constantemente no centro dunha diana, como culpables dunha crise que non provocaron, pero que, pola contra, pagan en primeira persoa. 
   Esta campaña de desprestixio e de recortes de dereitos laborais dos Empregados/as Públicos, oculta a intención de xustificar un recorte drástico dos piares básicos do Estado Social e de Benestar, que custou conseguir, con loita, mais de 30 anos. A falta de investimento nos servizos públicos e o deterioro das condicións de traballo do persoal que os presta, fan que se falsee a súa eficacia, o que serve de desculpa ou xustifica a privatización dos mesmos. 
   As organizacións sindicais presentaron ademais o calendario de mobilizacións unitarias para loitar contra estas medidas e que se concretan en:
   • 9 de febreiro: Concentración de delegados e delegadas de toda Galicia diante de San Caetano ás 12:00 horas.
   • 16 febreiro: Concentracións de traballadores e traballadoras en todos os centros da Xunta de Galicia, ás 12:00 horas. 
   • 23 febreiro: Concentracións nas sete grandes cidades de Galicia ás 19:00 horas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.