O DOG do 15 de febreiro ven de publicar a orde pola que se regula a concesión das axudas por fillo a cargo menor de 3 anos.
Unha vez máis a XUNTA DE GALICIA engana aos traballadores e aos cidadans prometendo unhas axudas que moi dificilmente chegarán a todas as persoas necesitadas das mesmas, pois os requisitos para obter ditas axudas resultan leoninos. A título de exemplo, será requisito imprescindible que nin o interesado nin ningún membro da unidade familiar tiveran presentado a declaración da renda do 2010 de xeito obrigatorio ou mesmo cando a tiveran presentado de xeito voluntario ainda non estando obrigados a iso. Vemos como unha maioría de cidadáns non poderán acceder a este tipo de axudas a pesares de ter fillos menores de 3 anos. É ou non é isto unha VERGOÑA!!!
Comentarios
Publicar un comentario