Saltar ao contido principal

MOBILIZACIÓNS CONTRA O PROXECTO DE LEI DA XUNTA DE RECORTES LABORAIS

12-02-09 sector publico 01   Máis de 3.000 traballadores e traballadoras do sector público déronse cita o pasado 9 de febreiro diante de San Caetano, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta. O que inicialmente estaba previsto como unha concentración de delegados e delegadas converteuse finalmente nunha masiva mobilización á que se sumou todo o persoal que por proximidade ou por quendas puido ir a manifestar o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes propostos polo goberno do PP. O persoal, que participou masivamente nas asembleas convocadas polas organizacións sindicais, chegou a fletar autobuses desde diversos puntos de Galiza para sumarse a esta mobilización convocada con carácter de urxencia.
   A concentración, que superou todas as previsións iniciais, acabou converténdose nunha marcha para acompañar ás/aos representantes sindicais do sector público que fixeron entrega no rexistro dun escrito no que se exixe a retirada do chamado ‘Anteproxecto de lei de medidas no emprego público na Xunta de Galiza’ e que realmente é unha proposta de recortes das condicións laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr