Saltar ao contido principal

MOBILIZACIÓNS EN XUSTIZA CONTRA OS RECORTES DA XUNTA DO PP

  Hoxe, día 16 de febreiro, realizáronse concen-tracións en determinados servizos públicos de Galiza, a fin de que todas as traballadoras/es da función pública galega mostraran o seu descontento contra as medidas impostas pola Xunta do PP e  o Sr. Feijoo. Estas mobilizacións deben ser só o inicio das nosas reivindicacións en defensa dos servizos públicos e das condicións laborais dos nosos postos de traballo, xa que este ataque contra nós acabará afectado a atención que se debe prestar ao cidadan para intentar deste xeito privatizar determinados servizos e retiralos da órbita do público. Non podemos consentir que isto suceda polo que reiteramos o noso pedimento as traballadoras e traballadores públicos para que apoien todas as medidas de presión que se van a acordar para deixar constancia do rexeitamento a todos estes recortes. Agradecemos a todas/os os que participáchedes nas concentracións e especialmente ao persoal funcionario e laboral de xustiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.