Saltar ao contido principal

A XUNTA DE PERSOAL DE PONTEVEDRA NON APOIA O NOVO SISTEMA DE GARDAS PROPOSTO POLA CIG PARA VIGO

   A xunta de persoal da provincia de Pontevedra, na súa xuntanza do pasado 2 de febreiro, acordou non apoiar a proposta da CIG dun novo sistema de gardas para Vigo, consistente na petición ao Consello Xeral do Poder Xudicial da modificación do Regulamento de Aspectos Accesorios a fin de que no mesmo se contemplara un sistema intermedio de 12 h + 12 h de garda que puidera dar resposta inmediata á carga de traballo dos xulgados de instrucción de dita poboación. A xunta de persoal, por 2 votos a favor e 13 votos en contra, rexeitou dar o seu apoio á petición argumentando, en liñas xerais, que era máis convinte seguir a pelexar polas gardas de 24 horas que de xeito excepcional recolle o citado regulamento para poboacións con 8 o máis xulgados de instrucción, que tentar implantar o novo sistema, corréndose o risco de nunca acadar as 24h.
Dende a CIG seguimos a pensar que a curto-medio prazo a proposta feita pola nosa banda é moito máis realista que seguir teimando nun  sistema que, aparte de excepcional para a poboación de Vigo, económicamente sería na actualidade bastante inviable. Ademáis, este novo sistema intermedio entre as gardas semanais e as gardas puras de 24 horas, non impediría que, cando Vigo chegara aos 10 xulgados de instrucción, pasara xa automaticamente ao sistema de gardas de 24 horas con pernoctación. Coa proposta da CIG, mentras non se chega aos 10 xulgados o servizo de garda melloraría, o persoal faría unhas gardas máis asequibles, conciliaría  mellor a súa vida familiar pois cada 56 días só traballarían 3,5 días (coa garda semanal traballarían 7 días) e percibirían unha retribución de 395,50 euros, cobrando polo tanto 146,50 euros máis. En fin, cada quen que faga as súas contas e que vexa se é mellor seguir agardando pola utopía ou ser realistas e facer propostas que poidan ser levadas adiante.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr