Saltar ao contido principal

CURSOS DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA - PERSOAL DENTRO CCAA

   O vindeiro martes 27 de marzo publicarase a Resolución do 22 de marzo de 2012 pola que se convocan os cursos de LINGUAXE XURÍDICA GALEGA para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma.
   O prazo de presentación de solicitudes comezará o día da publicación da resolución no DOG e rematará as 14:00 horas do día 11 de abril.
    Os cursos que se impartirán serán os seguintes:

CURSO LINGUAXE XURÍDICA GALEGA – NIVEL MEDIO
Localidade
Datas
Horario
Horas
TF 23-04-2012 ao 17-06-2012 Teleformación
75
Santiago de Compostela 02-05-2012 ao 22-06-2012 17:00 – 19:00
75
CURSO LINGUAXE XURÍDICA GALEGA – NIVEL SUPERIOR
Localidade
Datas
Horario
Horas
TF 10-09-2012 ao 04-11-2012 Teleformación
75
TF
17-09-2012 ao 10-11-2012
Teleformación
75
TF 24-09-2012 ao 17-11-2012 Teleformación
75
Vigo 02-05-2012 ao 22-06-2012 17:00 – 19:00
75

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr