Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL 10 DE ABRIL DE 2012


PARA QUEN PENSABA QUE ISTO NON ÍA CON NÓS:
REORDENACIÓN E AMORTIZACIÓN DE PRAZAS EN XUSTIZA


Onte día 10 de abril tivo lugar, despois de seis meses, unha mesa sectorial na que, curiosamente, o tema máis importante non se atopaba na orde do día: a Dirección Xeral anunciou a amortización de prazas nos Xulgados de Paz e a reordenación de prazas dos tres corpos nas Audiencias Provinciais, tanto nas sección civís como nas penais.

Ante as preguntas acerca de por que non se ofertan a concurso todas as vacantes existentes, a DXX comunicou que, con respecto aos xulgados de paz con dúas prazas de xestión das que unha é vacante, esta non se oferta porque se planea amortizala. Con respecto ás das Audiencias de Lugo e Ourense, alegan non ofertarse porque planean facer unha reordenación de efectivos pola que se eliminarían ate catro prazas por sección, supostamente coa intención de crear outras prazas en servizos de apoio e a consolidación de reforzos estructurais.  De toda esta información se nos da traslado na mesma mesa, polo que tanto a CIG como outras centrais sindicais manifestamos a nosa completa discrepancia tanto coa forma como co fondo, dado que non se nos está a decir que prazas se reordenarían, cantas se crearían, onde, de que corpos, etc..
 Por outra banda, unha posible futura reordenación nas Audiencias debe facerse co cadro de persoal cuberto, polo que instamos á DX a que saque as prazas para a súa cobertura por concurso aínda que despois se plantee a reordenación. Ademáis, a CIG fixo ver que hai prazas, como a de xestión en Camariñas, que é única  e é vacante, non deserta, polo que é obrigado cubrila por concurso, o mesmo que a da Fiscalía de Ourense.

Comunicousenos tamén que as dúas prazas de tramitación e a de xestión creadas na fiscalía do TSXG non saen a concurso porque se van cubrir dúas en concurso específico e outra por libre designación, ante o que a CIG manifestou o seu rexeitamento a que, das catro prazas da oficina, tres sexan de “especial confianza”; só falta que no concurso específico se fixe unha entrevista persoal para que o Fiscal Xefe designe a dedo todo o “seu persoal”.


BOLSA DE INTERINOS
Déusenos traslado da orde que se publicará en breve pola que se prorroga por seis meses a vixencia da actual. Neste tempo negociaranse algunhas reformas  e a posible apertura dunha nova bolsa. Prevese para a semana que ven a primeira Comisión de Interinos.

 CALENDARIO LABORAL
Nos vindeiros días enviaranse cartas a preto dunhas vinte persoas que, segundo o cómputo horario do mes de marzo, teñen un desfase na súa fichaxe de máis de vinte horas. Ao parecer as cartas terán contido informativo a fin de ir comprobando pouco a pouco o bo funcionamento de tarxetas e reloxos. A CIG espera que desta volta a Administración asuma plenamente e dunha vez as súas funcións neste tema.
 
TRANSPORTE METROPOLITANO
A CIG volveu  solicitar a intervención da DX fronte a Función Pública para que se nos facilite a mesma acreditación ca dos outros funcionarios autonómicos a fin de ter dereito a obter os mesmos abonos que estes para o seu desprazamento  diario en autobús a Compostela.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.