Saltar ao contido principal

PROXECTO DE LEI DE DEMARCACIÓN E PLANTA - NOVOS PARTIDOS XUDICIAIS


NOTA DE PRENSA 
 
    Xosé Barreiro Pérez, como Secretario Nacional do Sector de Xustiza da Confederación Intersindical Galega, quere trasladarlle a seguinte nota de prensa relacionada co proxecto de reforma da Lei de Demarcación e Planta e creación de macropartidos xudiciais, agradecendo de antemán a súa publicación nese medio de comunicación.

    Despois de ter constatado o fracaso da reforma da oficina xudicial (que curiosamente en Galiza nunca se iniciou) configurada polo Sr. Aznar no ano 2003 coa reforma operada pola Lei Orgánica 19/2003 e que ata o de agora ningún goberno foi quen de levar adiante con éxito, agora nos sorprende o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) cunha proposta de creación de macropartidos xudiciais que intenta, precisamente, agochar ese fracaso do deseño daquela oficina xudicial, configurada única e exclusivamente para grandes cidades, de aí que a idea principal desta nova proposta sexa voltar ao centralismo e aglutinar en poucas cidades todos os órganos xudiciais.

    Aproveitando que a crise vale para todo e incluso para xustificar a morte deManolete, os poderes políticos están aproveitando a ocasión para retrotraernos a outros tempos facéndonos crer que estas propostas inciden na mellora de xestión dos servizos públicos, tentando agochar o verdadeiro problema da xustiza en Galiza e en España que non é outro que a falta absoluta de interese por mellorar este servizo (pregúntenlle a que político lle interesa que a xustiza funcione ben) e a carencia dun verdadeiro plan de investimentos económicos en medios materiais e persoais. Moi ao contrario, o que se está a producir na actualidade é un política de creación de obstáculos constantemente ao cidadán para o acceso á xustiza (como a xustiza vai lenta e ten moita carga de traballo o que debemos facer é dificultar o acceso a ela no canto de mellorar o servizo que esta presta cara ao cidadán).

    A proposta de redución de partidos xudiciais e, en consecuencia, a consolidación de macropartidos, parécenos que pon un novo chanzo na aposta do Goberno do PP pola destrución dos Servizos Públicos, pois isto, alén de achegar a Xustiza ao cidadán o que fai é alonxala e facela case que inaccesible, por iso e soamente iso seria cuestión suficiente para dende o noso Sindicato rechazar de plano esta proposta, pero o noso rechazo vai mas aló, pois isto supón un novo recorte nos nosos dereitos como traballadores, supón a mobilidade forzosa entre distintas localidades, a imposibilidade da conciliación da vida laboral e familiar así como un gasto monstruoso para as CC.AA. ao ter que adaptar as dependencias xudiciais.


    Como os que fan as propostas están en Madrid e descoñecen a realidade do noso pais, no caso de Pontevedra, a modo de exemplo, pretendese unificar os actuais Partidos Xudiciais de A Estrada, Caldas de Reis, Pontevedra, Marín e Cangas. Non se di como o farán, e esta proposta de reforma da Lei de Demarcación e Planta Xudicial só incide na demarcación (aglutinar órganos) pero nada fala da planta (creación de novos órganos) e suscita, como mínimo, varias preguntas:

1) Será cunha soa Sede (Pontevedra) e entón compre facer un macroedificio (que seguramente a Xunta pretende que o Concello poña os terreos) para aglutinar todos os órganos xudiciais do novo partido e tiraríamos cos actuais edificios de Cangas, Marín, A Estada, Caldas, e dicir, un gasto monstruoso, para aforrar moi pouco.
2) Outra posibilidade sería a de crear sedes desprazadas en Pontevedra, Cangas, Marín, Caldas e A Estrada. Se é así, cal seria o aforro e a mellora, pois actualmente nesas vilas xa hai xulgados funcionando.
3) Cantos Xulgados estarían de garda? Seguramente que 1, polo que terían que rotar, un dia en Cangas, outro na Estrada........, iso supón que a garda civil de Cangas cando fai unha detención e se esta de garda o xulgado de A Estrada, tería que desprazar ata alí os detidos, do mesmo xeito que se un cidadán de Cangas ten que presentar un escrito ou denuncia no Xulgado de Garda tería que desprazarse a Estrada, (isto e potenciar os servizos públicos).

   Como se ve este novo proxecto ideado por mentres preclaras residentes en Madrid prantexa máis interrogantes que respostas e moito nos tememos que, debido ao grandísimo desembolso que suporía, quedará novamente nun proxecto inalcanzable, pois mentres a clase política non entenda que a xustiza só melloraría cun investimento suficiente en medios materiais e de persoal non chegaremos a ningún lado e “os mimbres son os que son e con eles non se poden facer máis cestos” por moito que un o intente, pois a realidade e moi tozuda e querer converter o chumbo en ouro xa quedou moi atrás na época dos alquimistas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr