Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL 24-ABRIL-2012


A XANELA DA XUSTIZA

MESA SECTORIAL 24-ABRIL-2012

MODIFICACIÓNS CADROS DE PERSOAL

    A Dirección Xeral convocou onte, día 24, unha mesa para prantexar de xeito oficial o plan de modificación dos cadros de persoal de determinados órganos xudiciais a fin de cumprir co requisito legal antes da convocatoria do concurso de traslados. A nosa sorpresa foi grande cando, ademais das xa coñecidas reformas anunciadas para os xulgados de paz e as audiencias provinciais, a administración trasladounos un proxecto que abarcaba tamén a gran parte dos xulgados do contencioso, aos xulgados de instrución da Coruña e a tres dos xulgados de familia exclusivos existentes na nosa comunidade.
O prantexamento da administración, segundo manifestou, pasa por unificar e igualar os cadros de persoal do mesmo tipo de órganos afectados por esta modificaión. Este obxectivo, en principio, irá conseguíndose a medio e longo prazo a través das vacantes que se vaian producindo nos concursos de traslados, que non serán anunciadas, e así obter o crédito necesario para a creación de novas prazas noutros servizos. Este foi o caso do presente concurso de traslados no que xa hai prazas vacantes en xulgados de paz que non serán anunciadas. Tamén podería darse o caso dalgunha reordenación de efectivos, pero este tipo de actuación ten actualmente algunhas restricións ao non estar redactada a correspondente RPT.

  Por todo iso, a CIG manifestou que, antes de entrar a negociar calquera tipo de modificación ou futura reordenación de efectivos dos órganos afectados, deben quedar moi claros os criterios e xustificación para ditas modificacións así como ir acompañado o proxecto dos custes económicos e novas prazas que se pretenden crear, a fin de non perder nin un só euro no capítulo I de retribucións. O que non se vai a consentir e que coa minoración se deterioren os servizos públicos ou non se creen co crédito obtido novas prazas cunhas premisas moi claras, tales como equilibrio entre o número de persoal de cada corpo, que sexa en todo caso a poboación onde se reduce a que se beneficie (agás loxicamente o xulgados de paz, pois nas poboacións das súas sedes non hai outros órganos que se puideran ver beneficiados), preferible a reordenación fronte a amortización-creación, etc. Este plan de modificacións dos cadros de persoal ten un risco que debe eliminarse ou reducirse á mínima expresión, que non é outro que a administración “debuxe” uns cadros de persoal menores e logo non leve a cabo as creacións correspondentes noutros servizos, e aí sobre todo é onde debemos incidir e asegurar o noso posicionamento inflexible, ademais de cuestionar algunha das reducións prantexadas.
Os primeiros xulgados que verán incrementado o seu cadro de persoal serán os de Viveiro e Sarria. A CIG tamén solicitou que se reforzara tamén os xulgados de Vilagarcía, pois o xulgado de Vilanova, que pertence ao partido xudicial, ten previsto menguar o seu cadro de persoal ao amortizarse unha vacante.
A CIG tamén volveu a incidir en que é necesario unificar criterios e facer que os servizos comúns (tanto notificacións-embargos como rexistro-reparto) funcionen de xeito uniforme en toda a comunidade autónoma e sexan reforzados con novas creacións.

SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS

  En canto ao problema suscitado polo persoal interino que recorreu a modificación da norma de substitucións, ao non estar dacordo coa nova redacción dada, o TSX Galiza ditou un auto que estableceu a nulidade do complemento a pagar pola diferencia salarial existente entre os corpos que se substitúen. Por parte da CIG solicitouse da administración que recorrese dito auto e que, en todo caso, a asesoría xurídica buscase a solución para acadar o pagamento do citado complemento por outra vía, pois entendemos que a igual traballo igual retribución e, polo tanto, as compañeiras e compañeiros que están a realizar substitucións teñen dereito ás retribucións íntegras do corpo no que están a substituir, xa que logo podería entenderse que a administración estaría a acadar un enriquecemento ilícito ao aforrarse cartos dunha praza que está dotada orzamentariamente con un salario superior.

APLICACIÓN DA LEI 1/2012 DE MEDIDAS DO EMPREGO DA XUNTA

   A Dirección Xeral de Xustiza informou que, en principio, o único aspecto que podería afectar aos traballadores de xustiza, dos contemplados na lei 1/2012, sería o da redución do capítulo de Acción Social, do que se manterán as axudas previstas para persoas con discapacidades. En canto ao resto de medidas, a dirección xeral informou a Función Pública de Galicia que todo o persoal de xustiza está amparado polo estatuto xurídico establecido na LOPX e, polo tanto, ata que non se modifique a mesma non se poden adoptar. Debemos agardar á decisión de Función Pública para saber si finalmente o persoal interino se verá afectado pola regulamentación de baixas de enfermidade e demais medidas fixadas na expresada lei.

VARIOS

Neste punto a CIG reiterou a petición relativa á expedición, por parte de Función Pública, da correspondente certificación para o persoal de xustiza, que lle permita seguir obtendo aos compañeiros a redución do importe do viaxe en autobús a Santiago coa empresa encargada de dito servizo.
Tamén solicitamos que se formara ao persoal no relativo ao envío, recepción e distribución dos exhortos que se están a realizar por vía telemática.
A administración manifestou que vai realizar unha experiencia piloto sobre impresión de carátulas en cartolina a fin de tentar unificar o seu deseño, cor e contido. Tamén vai establecer un protocolo para a devolución de material de oficina defectuoso e publicar, nese eido, o gasto trimestral de cada órgano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr