Os nosos peores presaxios xa se cumpriron e despois da Mesa Sectorial do pasado 11 de xuño a Dirección Xeral de Xustiza impuxo o seu criterio de aumentar no calendario do 2012 o horario fixo ata 6 horas diarias e reducir a franxa de cumprimento do horario flexible ata as 18,30 Horas. Menos mal que ainda puidemos salvar algúns mobles ao acadar o mantemento da xornada de verán sen ter que recuperar as horas non realizadas durante a mesma. En fin, que a mesa sectorial tivo máis de imposición que de negociación e agora quen lle impedirá a administración, para o ano 2013, que volva a incrementar o horario fixo ata as 6 horas e media ou 7 horas.
Comentarios
Publicar un comentario